Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'ESTAR NO MUNDO, DENDE NÓS'

As xornadas 'Mar por medio' abordan a presenza exterior da cultura galega

A decimocuarta edición das xornadas Mar por medio, que se celebran cada verán en Ribadeo, comezou este mércores coa intención de afondar nas estratexias para a proxección internacional da cultura galega. A xornada de apertura contou coa presenza da conselleira Ánxela Bugallo e con dúas conferencias sobre redes culturais europeas e cultura e identidade no mundo globalizado. Ao longo do xoves e do venres participarán xestores culturais galego, europeos, da lusofonía e mesmo do Quebec.

- 10:58 27/07/2006
Tags:

A primeira conferencia do xoves titúlase Exportar cultura, exportar identidade. A emigración galega como plataforma de proxeccción internacional, e impártena o caatedrático de Historia na USC Lourenzo Fernández Prieto, e mais o analista do Igadi e coordinador do Ogalus, Ángelo Gonçalves. Os dous son colaboradores de Vieiros, igual que o profesor Craig Patterson, que intervén xunto a Olga Nogueira e Martí Aviñoá na mesa redonda posterior, co título: Lingua e cultura galega no exterior: os casos irlandé, británico, francés e catalán. Pola tarde será o caso quebequés o tratado na coferencia que imparte Ben García, de Benxeit Producións.

O venres as conferencias serán a cargo de Vítor Belho, xestor cultural e director da empresa Nordesía Producións, que falará sobre a lusofonía como espazo natural para a proxección da nosa cultura. Logo Lorea Bilbao, asesora no deparamteno de cultura do goberno vasco, falará do papel de Galeusca.


0/5 (0 votos)