Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONSELLO DE DEREITOS HUMANOS DA ONU CONDENA A ACCIÓN

Vinte palestinos mortos polo último ataque israelí sobre Gaza

"Non queremos Gaza destruída e vos queredes o mozo de volta", afirmou o voceiro do goberno de Hamás, Ghazi Hamad, referíndose ao soldado israelí retido en territorio palestino e que motivou as últimas operacións militares lanzadas polo executivo de Ehud Olmert. Tamén chamando ao diálogo, o propio pai do rapaz, Noam Shalit, pediulle ao goberno de Israel que atenda a petición para a negociación dun intercambio de presos que consiga a liberación de seu fillo, aínda que Olmert oponse a calquera diálogo ao respecto. Ao tempo, o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, aprobou unha resolución de condena contra Israel pola grave situación humanitaria que está creando en Gaza coas súas accións militares nas últimas semanas.

- 07:02 07/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)