O exemplo catalán vén de ser citado polo Consello Rexional da Bretaña, que decidiu por unanimidade apoiar oficialmente diante da ICANN a petición do dominio .bzh para as webs bretonas. Con esa fin apoiarán tamén a creación dunha fundación para xuntar forzas en favor da reivindicación.
A iniciativa recolle que a petición de recoñecemento para o .bzh fundaméntase nunha concepción aberta da identidade bretona e defende o dominio en internet "como vector de imaxe e comunicación para a Bretaña na súa diversidade, máis que como afirmación dunha pertenencia estricta colectiva, lingüística ou cultural".
A abreviatura "Bzh" sae da palabra Breizh, que significa Bretaña en bretón. Para apoiar a mobilización e a xestión posterior dos dominios, o Consello axudará á creación dunha fundación, á que en principio lle achegará até o 30% do investimento necesario, organismo que a partir da súa creación protagonizará a preparación do informe a prol da candidatura e a busca de todos os apoios necesarios en aval do .bzh.