Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRIMEIRA e-XUNTANZA ESTATAL ENTRE GOBERNOS

Trinta quilos de burocracia aforrados pola e-administración

"Aforramos 30 quilos de papel, que é o que nos custaría toda a documentación que manexamos nesta reunión multiplicada por todos e cada un dos asistentes". Explicábao deste xeito o ministerio de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, ao louvar que o balanzo da Comisión Mixta de Transferencias entre a administración estatal e o goberno de Aragón pasase a ocupar "o espazo dun pen-drive". Trátase da primeira xuntanza a nivel estatal na que a documentación electrónica substitúe aos textos en papel, procedemento no que prometen seguir. Por certo, para navegar o complexo mar das burocracias administrativas, neste caso as estadounidenses, os de Google veñen de presentar unha ferramenta de busca.

- 10:02 19/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)