Os numerosos pubs irlandeses que hai en Madrid comezan a organizar o día nacional de Irlanda, ou sexa, San Patricio. Cada 17 de marzo prodúcese unha romaxe á taberna máis preto da casa para celebrar a festa en torno a unha pinta de cervexa. En Madrid, o programa de festexos prolóngase ao longo desta semana. Os "pubs" agasallan camisetas, chisqueiros, gorras ou dúas pintas por unha.
Trátase dunha festa marcadamente relixiosa, pero nos últimos anos a taberna está substituíndo á igrexa. San Patricio chegou secuestrado a unha Irlanda págana no século V, poucos anos despois volveu á illa verde co propósito de cristianizar a tanto infiel. E conseguiuno. Irlanda continúa sendo unha sociedade profundamente católica, aínda que non escapa aos ventos páganos de hoxe en día.
En Madrid, locais como O'Neills (Príncipe, 12), Bó Finn (Velázquez,97), La Fontana de Oro (Victoria,1), Old Fox Tavern (Hortaleza, 118), Molly Malone`s (Manuela Malasaña, 11), La Elisa (Santa María, 42) ou Triskel Tavern (San Vicente Ferrer, 3) por citar algúns, celebrarán o San Patricio con grupos de música en directo, agasallos e, ante todo, cervexa.