Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRONÓMETRO EN MAN

A última rifa coa TVG: Olvido vs. Feijoo

Hai pouco que lles contamos da petición do presidente do PPdeG para "volver ao rego" da grella televisiva. Nunha nova denuncia do que consideran "o incumprimento da Lei de creación da TVG", desde o PPdeG comparan o tempo que o telexornal do 28 de maio lle adicou á cantante Olvido Gara, "Alaska", co que gozou no mesmo espazo Alberte Núñez Feijoo: "35 segundos exactamente". Desde a TVG tamén lle aplican o cronómetro á desputa e retrúcanlle aos populares: do 1 ao 15 de maio o PPdeG foi o partido que máis tempo ocupou nos informativos da televisión pública galega, un total de 54'22'', "máis do dobre que PSdeG e BNG xuntos".

- 07:01 31/05/2006
Tags:

Na queixa enviada polos populares ao director de informativos da TVG, Roberto Cid, destácase a anécdota dese 28 de maio, onde lles sae que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "recibiu unha cobertura informativa de case tres minutos, 2' 5'5', e o vicepresidente, Anxo Quintana, algo máis de dous minutos, 2'06''. "O PPdeG representa practicamente á metade dos electores galegos e a TVG adícalle tan só o 10% de tempo e aos dirixentes dos grupos de goberno case o 90% restante", láianse, subliñando ademais que a información dese día sobre Núñez Feijóo emitiuse só no Telexornal Serán, "de menor audiencia que o Telexornal Mediodía". "Os actos do xefe da oposición ou se silencian, que acontece a cotío, ou se minimizan", quéixase o PPdeG.

O cronómetro da TVG di o contrario
"A CRTVG reitera que o PPdeG está a ter o tratamento informativo e profesional que se corresponde coa súa actividade política", respondían este martes desde a televisión pública. Ao tempo, fan peneira de tempos adicados aos diferentes partidos durante toda a primeira quincena de maio e sáelles que o PpdeG recibiu o dobre de atención que socialistas e nacionalistas e aproveitan para destacar que "canto á audiencia, os informativos da TVG son na maioría dos días líderes na franxa do mediodía e melloraron notablemente os espazos da fin de semana". Sobre a polémica, consideran desde a CRTVG que as críticas dos populares "só pretenden presionar aos profesionais e desacreditar os medios públicos de comunicación de Galiza, que están a traballar coa liberdade e profesionalidade que sempre os deberan acompañar".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: