O Festival de Cans está a celebrar esta fin de semana a súa terceira edición. Dezaoito curtametraxes na "sección oficial", 7 salas de proxección, unha flota de chimpibuses como medio de transporte... e como guinda do pastel, as actuacións musicais de Josele Santiago e Pablo Novoa, Andy Chango e Tres Tristes Tigres. Onte, o espectáculo comezaba coa estrea mundial da longametraxe Por min e polos meus compañeiros, ópera prima do realizador porriñés Xudas Diz. Esta noite proxectase no "torreiro" de Cans "Agroglamour", un documental sobre a pasada edición do festival para logo dar paso a entrega do Premio Pedigree 2006 que este ano recae na actriz Mabel Rivera.