O Tribunal de Primeira Instancia da Unión Europea acolle esta semana o debate da apelación de Microsoft fronte á sanción que lle impuxo a Comisión Europea obrigándoa a sacar o seu reprodutor multimedia do sistema operativo Windows. AEurocomisión denuncia que o modelo de negocio da empresa frea gravemente o desenvolvemento do sector informático, poñendo obstáculos á innovación e abusando da súa vantaxe competitiva e presentaron probas de presuntas estratexias de Microsoft para a eliminación de competidores. Entre os exemplos recuperaron o acontecido nos anos 90 coa guerra dos navegadores, onde o Explorer sacou o Netscape do mercado. A empresa estadounidense presentou estatísticas segundo as cales os usuarios instalan unha media de tres programas similares de reprodución alén do proporcionado por eles co sistema.