Hai un par de semanas, a Ciberirmandade da Fala iniciaba unha campaña de correos para que o Instituto Galego de Estatística mudase algúns topónimos da súa web, que presentaban formas castelás non oficiais: San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor, Besojo... Agora o IGE anunciou precisamente a través da súa web que vai mudar eses termos, e ademais está a responder os correos recibidos informando da futura modificación dos topónimos para adecualos ao nomenclátor oficial.