Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MEDIDA ILEGAL PERO RENDÍBEL

Garfo extra para a SXAE nos casamentos

Un xulgado declarou "ilegal" a gravación que un detective realizou, por encargo da Sociedade Xeral de Autores, nunha voda que tivo lugar nun salón de festas de Sevilla. O xuíz considerou que se trataba dun "acontecemento social, privado e reservado ao que só poden asistir as persoas convidadas". Así e todo, condenou aos propietarios do local a pagarlle á SXAE 43 mil euros en concepto de dereitos de autor por ambientar a festa con músicas protexidas. O avogado da sala advertiu que crea un precedente importante que se declare ilegal o vídeo, e asegura que a asociación estivo usando este tipo de probas noutros xuízos.

  • Primeiro os paus, despois os himnos

- 12:21 18/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)