Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E MEDIOS

A única lingua minorizada de Eurovisión xa ten cantiga

A cantante Jennifer representará a Andorra no 51º Certame Eurovisión da Canción, que se celebrará en Atenas xusto despois das Letras. A cantiga, titulada 'Sense tu' (sen ti), escollérona os andorranos a través dun aberto concurso televisivo. Jennifer terá que desputar aínda as semifinais con este tema que os críticos cualifican de mestura entre Sam Brown e Anastacia, e só se obtén aí unha boa actuación chegará á final. En ningunha das dúas anteriores intervencións deste pequeno estado en catalán chegou á xornada definitiva. Esta será con toda probabilidade a única canción interpretada en Atenas nunha lingua minorizada, e a RTVE nunca enviou un representante que cantase nalgo que non fose español, e en 2006 envía a Las Ketchup. Portugal escolleu esta fin de semana as súas representantes: a girlband NonStop, co tema "Coisas de nada".

- 09:20 13/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)