Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEBATE EN LIÑA

A wikipedia: exemplo colaborativo en rede do que aprender

"A internet do futuro basearase na participación e a colaboración". Con esa convicción e subliñando que os sitios que usan da ferramenta wiki son na actualidade "os mellores exemplos na publicación de contidos xerados polo usuario", desde o Cesga colaboran nunha iniciativa da Isoc-Es que levará á rede este mércores 8 a conferencia do vicepresidente deste organismo, Josu Aramberri, baixo o título "Wikipedia: a colaboración, unha nova dimensión para os sitios web". Neste escenario, propoñen buscar modelos de análise da colaboración/participación na rede e a elaboración dun catálogo de boas prácticas para usuarios e administradores. A cita ás 18h será a primeira, e a xeito de proba piloto, dunha serie de encontros promovidos pola Isoc, e pode seguirse en vivo en internet. Os internautas tamén poderán intervir a través do chat e desde a sede do Cesga poderáselle preguntar en directo a través de videoconferencia.

  • Anteriores: Un lustro de Wikipedia e tres anos de Galipedia
  • Nature avalía que a calidade da Wikipedia está á altura das enciclopedias tradicionais

- 10:52 07/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)