<20/01/1998> As principais comarcas gandeiras do país viven hoxe, 20 de xaneiro, unha xornada reivindicativa en defensa do noso sector leiteiro. Montados en tractores, os labregos e labregas protagonizarán diferentes marchas e concentracións en máis de 30 puntos de Galicia, entre os cales se encontran as cidades da Coruña, Lugo, e Santiago de Compostela. Prevense importantes retencións na maior parte das estradas e un forte dispositivo policial anunciado polo delegado do Goberno do Estado, Juan Miguel Diz Guedes.