Baixo o lema Noite dos investigadores a Comisión Europea fai unha convocatoria de propostas para actividades de recursos humanos e mobilidade, incluída dentro do programa específico de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración Estrutura do Espazo Europeo da Investigación, incluída no VI Programa Marco. O prazo de presentación das propostas péchase o 11 de abril e a elixida recibe dous millóns de euros.
"Demostrar ata que punto a carreira de investigador pode ser engaiolante" é o obxectivo que se marca, segundo a Comisión Europea, a Noite dos investigadores para iso, a convocatoria celébrase cun acto organizado polos 12 estados membros: Grecia, Eslovenia e Chequia celebran a Noite das estrelas dedicada á astronomía; Dinamarca leva a cabo un 'café científico'; e Hungría celebra unha maratón de experimentos. O resultado deste concurso está previsto que se coñeza a mediados do mes de xuño, co que ao longo do mes de setembro a Comisión Europea prevé que se poidan asinar os contratos.