Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS PENINSULARES

Núñez Feijoo defende o bilingüismo harmónico como patrimonio galego

O presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, en relación a unhas declaracións de Mariano Rajoy sobre o "acoso ao castelán en Cataluña", criticou a persecución lingüística e sinalou que "ningunha lingua pode ser perseguida, e moito menos as linguas oficiais de Cataluña ou de Galiza". Feijoo sinalou que o bilingüismo harmónico é "patrimonio" galego, e desexou que o novo goberno "non botase por terra" o consenso logrado en Galiza coa aprobación unánime do Plan de Normalización.

- 17:08 15/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)