Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Plácido Domingo, Ainhoa Arteta, Rostropovich...

Estes e máis estarán presentes no Festival Internacional De Música de Galicia, sendo en total 33 os concertos do máis representativo da música clásica mundial.

- 21:45 11/03/1999
Tags:

Opera, música sacra, música electrónica e ballet son algunhas das ofertas que inclúe a primeira edición do Festival Internacional de Música de Galicia, que traerá a Santiago 33 concertos no mes de xullo.

O programa inaugurarase coa primeira execución pública da obra "O Canto da Sibila Galaica", de mans do prestixioso director Jordi Saval, que se vai celebrar na Catedral de Santiago. Entre os grandes nomes do programa salientan Plácido Domingo, Ainoha Arteta, Lorin Maazel, Rostropovich e Peter Greenaway.

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, destacou onte na presentación do festival o "carácter múltiple" do mesmo, xa que abrangue gran parte da historia da música, dende a Idade Media ás novas músicas contemporáneas, pasando polo Renacemento, o Barroco, o Romantismo e o Sinfonismo do XIX. Os concertos do festival vanse repartir entre as cidades de Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Ourense.

Fraga sinalou que este evento naceu coa finalidade de "crear en Galicia unha nova cita para a música culta" e valorou a aposta que se realizou para interrelacionar artes coma o teatro, a música, a danza e o audiovisual. O presidente galego asegurou que esta inicitiva vai continuar nos vindeiros anos e se vai converter "nun referente imprescindible no panorama musical europeo".

O programa inclúe estreas de obras coma "Xoana de Arco", a cargo da Orquestra Nacional de Francia, o vindeiro 29 de xullo en Santiago. Taménse interpretarán por vez primeira a "Sibila Galaica", de mans de Jordi Savall, que inaugurará o certame o día 5, a "Misa Salisburgensis", unha espectacular representación a 64 voces, de Heinrich Ignaz Franz Biber, o día 11 de xullo.

E a artista flamenca Carmen Linares colaborará por primeira vez co Octeto Ibérico de violoncelos dentro deste certame, para representar obras como "ElAmor Brujo" de Falla e o "Romancero Popular", de García Lorca.

Ademais, a praza do Obradoiro vai servir como escenario para dous dos grandes representantes da música lírica no Estado: o tenor Plácido Domingo e a soprano Ainhoa Arteta, que interpretarán arias, duetos de ópera e zarzuelas o próximo 10 de xullo.

Outro dos atractivos do programa é o estreno no Estado de grandes obras internacionais como "Giselle", de Adam, a cargo do Scottish Ballet e a orquesta do festival de Galicia, dirixida por Alan B, en A Coruña, una ópera objetual dirigida por Peter Greenaway.

Tamén haberá un sitio para as obras maestras dos clásicos, como a representación de "Música Acuática" e "Música para reais fogos de artificio" de Handel, a cargo da Orquesta Filarmónica de Brno, que se representará na Coruña o 16 de xullo; o "Requiem" de Mozart, pola Orquestra Filarmónica de Stutgart e o coro da Opera Nacional de Sofía.

Os máis cativos van ter a súa parte no programa do festival, coa representación de Pedro e o Lobo, de Prokofiev (de mans da Real Filharmonia de Galicia) e co cantante Alberto Comesaña como narrador.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: