Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CURTAMETRAXES

Ata o 28 de febreiro podes mandar a túa cinta a Cans

Esa é a data límite que fixou a Asociación Cultural Arela para recoller as propostas, galegas e recentes, susceptibles de formar parte da vindeira edición do Festival de Cans, os días 19 e 20 de maio. Aquelas curtas galegas, producidas entre 2004 e 2006, deben dirixirse ao Apartado de Correos 232, CP 36400 do Porriño ou ben enviarse por correo electrónico.

- 09:48 14/02/2006
Tags:

En maio chega de novo Cans, e as súas dúas seccións oficiais: ficción e animación; pero tamén se proxectan filmes en seccións alternativas como o Jalpón friki. Os premios de Cans non son en metálico pero si lles ofrece aos vencedores a posibilidade de dar a coñecer a súa obra a un público amplo e diferente. Así, en 2005 as curtas gañadoras puideron verse no Bar Liceum do Porriño, no Festival de Poesía do Condado en Salvaterra, no Cineclube Lumiére en Vigo, no Videoclube Arte e Ensaio tamén de Vigo e en diversos locais da Coruña, Oroso, Vilagarcía e Cambados.

A Asociación Cultural Arela quere lembrar que o "Festival de Cans é un evento que trata de dar a coñecer a produción galega de curtametraxes e os novos autores e autoras do audiovisual do país". Así, engaden, "o festival achega o mundo das curtas ao entorno rural, e transfórmase nunha festa colectiva na que cine, agro e diversión danse a man".

Outra de festivais Santiago tamén conta co seu festival de curtas (Curtocircuito), aínda que menos implicado coa vida do social e rural do que caracteriza ao de Cans, pero tamén é noticia estes días. E é así porque a curtametraxe gañadora do seu concurso de guións en 2005 e da que Curtocircuito levou a produción, Te quiero mal vén de recibir o primeiro premio da categoría 35 milímetros na Semana Internacional da Curtametraxe de San Roque (Cádiz).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: