Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LEXICOGRAFÍA

Un nome galego, polas barbas do Profeta!

A actualidade leva ao primeiro plano o nome do profeta árabe Muhámmad, iniciador a comezos do século VII da era cristiá dunha nova relixión: o islamismo. Este personaxe histórico recibiu distintos nomes nas linguas da nosa contorna ao longo dos séculos. O portugués Maomé e o español Mahoma coinciden co francés Mahomet, co inglés Muhammad, co italiano Maometto ou co alemán Mohammed. Segundo apunta Benigno Fernández Salgado, este nome xa se adaptou ao galego durante a Idade Media baixo diversas formas, como Mafoma, Mafomede e Mafamede. A wikipedia galega emprega o castelanismo Mahoma, e outras fontes inclínanse por solucións conformes coa área románica (Mahomet) ou co inglés (Muhámmad). O libro de estilo de Vieiros recomenda o uso dunha das formas medievais, Mafomede, pero podedes deixar a opinión nos comentarios desta nova.

- 13:28 07/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: