Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O FESTIVAL EUROPEO DA CANCIÓN EN LINGUAS MINORIZADAS

O Liet'06 celebrarase en Laponia en outubro

Despois de facer unha pausa en 2005 para restruturar a súa organización, o Liet International, o máis importante festival da canción en linguas minorizadas, desenvolverá a súa cuarta edición en Laponia en outubro de 2006. Aínda non está decidida cal vai ser a participación final de Galiza, pero as distintas minorías xa poden ir enviando as súas propostas musicais.

- 13:44 08/12/2005
Tags:

A cuarta edición da eurovisión das linguas minorizadas, o Liet International, terá lugar no Storsjöteater da cidade lapoa de Östersund, en territorio sueco, o 14 de outubro de 2006. Os lapóns resultaron vencedores nas dúas últimas edicións confirmando esa tendencia escandinava a acaparar os triunfos nos festivais musicais europeos. A organización correrá a cargo das minorías finlandesa e lapoa de Suecia, e estará apoiado economicamente polo concello de Östersund, a provincia de Jämtland e o parlamento lapón de Suecia. Östersund é unha vila sueca de 43.000 habitantes preto da fronteira norueguesa. Östersund está situada nas ribeiras dun lago, famoso polo seu monstro.

As tres primeiras edicións do Liet tiveron lugar na cidade frisoa de Ljouwert, e nas dúas últimas (2003 e 2004) contaron coa participación galega de Anubía e Uxía, respectivamente. En 2005 o Liet International tomou un descanso. O modelo, impulsado por unha asociación frisoa, chegara ao seu límite de capacidade técnica e económica, e facíase necesaria unha reforma que permitise a participación de máis minorías, unha maior popularización e ao mesmo tempo, unha sustentabilidade orzamentaria.

Unha das ideas, aínda sen definir totalmente, pasa pola organización de fases sectoriais ao longo e largo do continente europeo. Galiza podería ser unha das sedes destas semifinais. A edición deste ano, ademais do cambio de localización, achegará a estrea da primeira ópera escrita en lingua lapoa, composta polo noruegués Frode Fjellheim, gañador do Liet International en 2003.

A organización pon ao dispor das minorías e das bandas que desexen participar unha conta de correo para obter máis información.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: