En entrevista mantida cunha representación de empresarios da Veiga, promotores dunha estación de esquí nas inmediacións de Pena Trevinca, Manuel Vázquez salientou a importancia deste espazo de alta montaña, incluído na Rede Natura 2000, e un dos máis singulares e valiosos de Galiza. Con esta advertencia por diante o conselleiro prometeu estudar a proposta dos empresarios veigueses que afirmaron que, para eles, tamén se trata de respectar o medio natural e que as instalacións que prevé o seu proxecto terían esa característica.