Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galicia terá Escola de Arte Dramática

A tan esperada Escola de Arte Dramática Galega comezará a funcionar para o curso que vén e estará ubicada en Compostela. Así o anunciou onte no Parlamento o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, logo de manter unha conversa co conselleiro de Educación, que lle deu o visto bo ao proxecto presentado por este organismo. O único requisito que pediu Currás foi que se buscase un local para a súa ubicación, mais este tema xa queda soluciondao gracias ao Concello de Santiago, que facilitará como local unha antiga escola do barrio de Vite. Os sesenta alumnos potenciais que, segundo o estudio que fixo o Consello, tería esta escola xa estarán, xa que logo, servidos para o ano que vén, cunha escola pública na capital de Galicia.

- 17:29 03/11/1999
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: