Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ''PLATAFORMA CÍVICA'' VENCE NO PRIMEIRO CHANZO DAS PRESIDENCIAIS

O liberal Tusk precisará dunha segunda volta logo da vitoria inicial en Polonia

Ao xeito do que sucedera nas recentes eleccións lexislativas a baixa participación, pouco máis do 50%, foi outra vez dato destacado nesta nova cita coas urnas dos polacos. A Comisión Electoral informou a última hora do domingo que a falta dunha pequena porcentaxe do reconto por rematar o candidato da Plataforma Cívica, o conservador Donald Tusk, foi o candidato máis votado, con máis do 35% do total e lonxe do 50% necesario para evitar unha segunda volta. Así, Tusk deberá enfrontarse agora a unha nova votación, o próximo 23 de outubro, co tamén conservador Lech Kaczynski, do partido "Lei e Xustiza", que quedou desta volta a algo menos de tres puntos de Tusk.

- 06:02 10/10/2005
Tags:


0/5 (0 votos)