O poemario Territorio da Desaparición foi o elixido polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega como gañadora do premio AELG 2005. Foron os propios escritores asociados, na actualidade 270, os que votaron maioritariamente o libro de Fernán-Vello entre os sete que quedaran finalistas despois dun proceso de selección por medio de boletíns numerados entregados a cada socio. O Premio AELG 2005 entregarase no transcurso da Cea das Letras, que terá lugar nun hotel de Santiago o próximo sábado.