Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Valdeorras

Edición xestionada por Gustavo Docampo
RSS de Valdeorras
EN DEFENSA DA PAISAXE DA ALTA MONTAÑA

Recollen catro mil sinaturas contra un parque eólico en Trevinca

A Plataforma para a defensa e conservación dos recursos turísticos, forestais e gandeiros do macizo de Trevinca recolleu preto de catro mil sinaturas para apoiar o seu recurso contra a instalación dun parque eólico na serra, que foi aprobado inicialmente pola Consellería de Industria no pasado mes de xuño. O proxecto danaría, en espacial polo seu impacto visual, o espazo natural que acolle os cumes máis altos de Galiza e que foi incluído na Rede Natura 2000.

- 20:53 01/09/2005
Tags:

O portavoz desta plataforma, Cholo Fernández, sinalou que Trevinca ten que ser un recurso económico lóxico e sustentable a curto, medio e longo prazo e que por moi renovables que sexan as enerxías non deben estenderse, as instalacións dos xeradores, a lugares de espacial valor paisaxístico e ambiental.

A outra ameaza sobre este macizo é a construción dunha estación de esquí na conca alta do río Xares, nas proximidades do mesmo cume de Trevinca. Este proxecto, inicialmente desaconsellado, por ser economicamente inviable, polos expertos da Xunta de Galiza, segue a ser reivindicado polo Concello da Veiga como a táboa de salvación para frear a tendencia ao despoboamento das súas aldeas.


0/5 (0 votos)