Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DA GUERRA CIVIL

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica inicia as exhumacións de foxas comúns en Galiza

Un equipo de arqueólogos deste colectivo, con ampla experiencia na busca e apertura de foxas comúns da guerra civil, realizará este venres o labor de exhumación dos restos de Severino Rivas Barja, quen fora alcalde de Castro de Rei, apreixado en Lugo en 1939 e asasinado en Portomarín a finais de outubro dese ano.

- 06:47 19/08/2005
Tags:

Trátase dos primeiros traballos de exhumación de foxas comúns con vítimas republicanas da guerra civil que este grupo realiza en terras galegas. Neste caso, a iniciativa vén do fillo do asasinado, Darío Rivas, con residencia actual en Arxentina, que se desprazou estes días a Galiza para asistir aos traballos e darlle sepultura aos restos de seu pai e homenaxe á súa memoria, nunha cerimonia no pantéon da familia no lugar de Loentia.

Os arqueólogos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, dirixidos polo arqueólogo Javier Ortiz, que veñen realizando esta tarefa noutras xeografías do Estado, trasladarase o vindeiro sábado día 20 ata a localidade luguesa do Vicedo, onde desenterrarán os restos de Emilio Ríos Martínez e Xosé Fernández Rolle, asasinados no monte da Penela en 1939.

A Asociación lembra ademais que hai un ano localizaron os restos de Carlos López, estudiante galego de Medicina que coa guerra escapou aos montes do Bierzo, onde foi capturado xunto con outros dous homes e asasinado canda eles. Os restos destas tres persoas foron recuperados hai varios meses e dende aquela os de Carlos López foron os únicos non reclamados, polo que o colectivo fai un chamamento para a localización de posíbeis parentes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: