Tanto o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, como o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana coincidiron en salientar a necesidade de converter o paralemento nun foro de debate e diálogo que reflicta a pluralidade da sociedade galega. Pola súa parte, o viceportavoz do PP, Xosé Manuel Barreiro, sinalou que espera que se cumpra ese compromiso de diálogo e adiantou que traballaran nesa dirección "desde unha oposición responsábel".