Utilidades de vídeo e audio ou deseño de contornos interactivos en 3D son algunhas das ferramentas deseñadas polo departamento de I+D da BBC que agora reúnen para poñelas ao servizo da comunidade internáutica. A iniciativa a prol do software libre da televisión pública británica, outra vez pioneira no desenvolvemento de proxectos en rede, tén que ver coa filosofía da empresa pública de "fornecer a audiencia con valores adicionais froito do traballo que eles mesmos axudaron a artellar". Ao tempo, recoñecen que axudará a que se perfeccionen e desenvolvan aplicacións de libre uso que no futuro a propia BBC poida usar.