Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLENO DO PARLAMENTO

Zapping galego: "Telefraga" ou "Teletouriño"

Intercambio de acusacións entre PP e PSdeG no pleno do parlamento sobre a manipulación dos medios públicos. O voceiro do PP, Xaime Pita, recriminoulles aos socialistas o "uso partidario" que fan da TVE-G até convertela en "Teletouriño" e o deputado do PSdeG, José Manuel Lage, acusou aos "populares" de crear unha "rede de corruptela" e "intoxicar" a opinión pública a través da CRTVG, á que denominou "Telefraga". Lage puxo como exemplo de "corruptelas" o programa Encontros, da TVG: "a quen beneficia ese programa? Que clase de cacharrada é esa?", preguntouse o deputado do PSdeG. Mentres tanto, o deputado do BNG, Eduardo Gutiérrez, lembrou que os principios que rexen os medios públicos son o "pluralismo, o servizo aos cidadáns e a existencia de mecanismos de control" e, sinalou, "iso na CRTVG non existe".

- 17:15 13/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)