Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. A directora francesa Ariane Mnouchkine elaborou o manifesto que se le hoxe en escenarios de todo o mundo, dende a vila india de Pune ata o teatro Rosalía de Castro da Coruña. Porque alí se entregan esta noite os premios María Casares de teatro. A cerimonia estará dirixida por Avelino González e presentada por Mabel Rivera e deberá distribuír os premios aos mellores espectáculos teatrais do 2004. A peza que parte con maiores posibilidades é a montaxe do Centro Dramático Galego 'O ano do cometa', baseada nunha novela de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Quico Cadaval, que atesoura once nominacións. As candidatas a mellor espectáculo son esta, 'Fobias' (da compañía Lagarta Lagarta) e mais 'O encoro' (de Teatro do Atlántico).
NOMINACIÓNS COMPLETAS
Espectáculo
Fobias, da compañía Lagarta lagarta
O ano do cometa, do Centro Dramático Galego
O encoro, da compañía Teatro do Atlántico
Dirección
Lino Braxe, por Fobias (Lagarta lagarta)
Quico Cadaval, por O ano do cometa (CDG)
Xulio Lago, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Actor protagonista
Roberto Leal, por [i[Indignos (María a Parva)
Artur Trillo, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Gonzalo M. Uriarte, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Actriz protagonista
Rosa Álvarez, por Fobias (Lagarta lagarta)
Belén Constenla, por Fobias (Lagarta lagarta)
Iolanda Muíños, por Fobias (Lagarta lagarta)
Actor secundario
Toño Casais, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Marcos Orsi, por O ano do cometa (CDG)
Xosé A. Porto 'Josito', por Rolda de caricias (Sarabela Teatro)
Actriz secundaria
Susana Dans, por O ano do cometa (CDG)
Nuria Sanz, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG)
Patricia Vázquez, por O ano do cometa (CDG)
Texto orixinal
Gustavo Pernas. por Paso de cebra (Ancora)
Xosé Luís Prieto, por Fobias (Lagarta lagarta)
Roberto Salgueiro, por Molière final (Talía Teatro)
Adaptación e tradución
Quico Cadaval, por O ano do cometa (CDG)
Cándido Pazó, por A paz do crepúsculo (Talía Teatro)
Xosé Manuel Pazos e Etelvino Vázquez, por Troianas (Teatro de Ningures)
Música orixinal
Paulo Costas, por Troianas (Teatro de Ningures)
Bernardo Martínez, por O ano do cometa (CDG)
Rodrigo Romaní, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Escenografía
Paco Conesa, por Fobias (Lagarta lagarta)
Baltasar Patiño, por O ano do cometa (CDG)
Antonio Simón, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Iluminación
Miguel L. Soto, por Fobias (Lagarta lagarta)
Xulio Lago, por O encoro (Teatro do Atlántico)
Baltasar Patiño, por O ano do cometa (CDG)
Vestiario
Carlos Alonso, por O ano do cometa (CDG)
Paco Conesa, por Fobias (Lagarta lagarta)
Marta Sofía da Silva, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG)
Maquillaxe
Dolores Centeno, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG)
Dolores Centeno, por O ano do cometa (CDG)
Quique Martínez, por Rolda de caricias (Sarabela Teatro)