Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MODELO SOCIAL AMEAZADO

Presión para a modificación da "directiva Bolkestein" logo que Barroso se negase a retirala

Aínda prometendo facilitar o camiño para a introducción de correccións, o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, negou a posibilidade de retirar a polémica proposta de directiva sobre servizos asinada polo ex comisario Bolkestein. Tanto Barroso coma o presidente desta quenda do Consello Europeo, o luxemburgués Claude Juncker, coincidiron na "necesidade de liberalizar servizos" na Unión Europea. A posibilidade que esa norma abriría para que empresas chegadas dos novos socios do leste ofertaran servizos en calquera país da UE con prezos e salarios do país de orixe é unha das motivacións principais da oposición dende países coma Francia ou Alemaña.

  • Anteriores: A "directiva Bolkestein" ameaza os servizos públicos

  • - 13:42 23/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)