A Coordinadora de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento ven de editar a Guía de ONGDs de Galicia 2005, que se recompila información corporativa sobre 58 organizacións solidarias que traballan na Comunidade Autónoma. A publicación achega os datos de contacto, os seus ámbitos de intervención, os proxectos desenvolvidos e os países onde interveñen.
A Guía reúne fichas informativas de 58 ONGD, dez máis que a recollidas na edición de 2003. Nas súas páxinas poden consultarse os datos de contacto (enderezo, teléfonos, correo electrónico, web...) e acceder a información sobre a definición e obxectivos de cada ONGD, as súas actuacións e áreas de traballo, os proxectos e países nos que traballa, as súas publicación sobre educación para o desenvolvemento e os programas de voluntariado que impulsan.
A Guía de ONGDs de Galicia editada pola CGONGD, en colaboración coa Secretaría Xeral de Relacións co Unión Europea e Cooperación Exterior e a Dirección Xeral de Política Lingüística, está ilustrada con fotografias de Nicaragua do fotógrafo profesional Manuel G. Vicente autor de diversos libros, e fotografias da India da escritora María Reimóndez Meilán, todas elas cedidas gratuítamente. A coordinación da edición correu a cargo de Mª del Mar Lado e Emilio M. Martínez .
A tirada é de 2.000 exemplares que serán distribuidos gratuítamente entre asociacións, medios de comunicación e persoas interesadas, que as poden solicitar por correo electrónico a: Coordinadora Galega de ONGD ou chamando por teléfono ao 981 58 51 89.