A protección especial da Reserva Nacional de Vida Salvaxe do Ártico, ao norte de Alaska, non será obstáculo para o plan da actual administración que quere explotar as vizosas reservas petroleiras agochadas baixo o solo da zona. A maioría no Senado serviulle aos republicanos para manter a autorización ao proxecto na lei de orzamentos. Fronte ás denuncias da oposición demócrata e dos ecoloxistas, que advirten que por unha cantidade pequena de combustíbel vaise arruínar para sempre o lugar, simples argumentos económicos: "con isto vaise manter o crecemento da nosa economía, creando emprego e asegurando a expansión empresarial", afirmou George W.Bush. Máis en The Guardian