Eslovenia é o terceiro país, despois de Lituania e Hungría, que ratifica o proxecto de Constitución Europea pola vía parlamentaria. A Cámara eslovena aprobou a ratificación do Tratado por 79 votos a favor dos seus 90 deputados. Só 4 parlamentarios votaron en contra e 7 abstivéronse. Antes da votación, o primeiro ministro, Janez Jansa, defendeu o texto como un "bo compromiso" que dá a Eslovenia unha boa posición na toma de decisións na UE.