O Azkar Lugo desputará a final da Copa de fútbol sala contra o Boomerang Interviu, logo de derrotar os anfitrións navarros do MRA Gvtarra nun vibrante encontro, por 4 goles a 3, mercé a un dobre penalti transformado por Gustavo Marques na prórroga. Na outra semifinal, o santiagués Autos Lobelle, caía derrotado ante o todopoderoso Boomerang Interviu polo mesmo igualado resultado, na prórroga e como consecuencia dun moi polémico dobre penalti. Nunca ningún equipo galego de fútbol sala chegara tan lonxe nas eliminatorias de Copa, o que demostra o bo momento deste deporte no país. A final xogarase o domingo a partir das catro da tarde, retransmitida por La 2. Consulta máis resultados da xornada.
RESULTADOS DA XORNADA DEPORTIVA
Fútbol sala
Copa. Semifinais
Azkar Lugo - MRA Gvtarra: 4-3
Boomerang Interviu - Autos Lobelle: 4-3
Copa. Cuartos de final
El Pozo Murcia - Autos Lobelle: 2-5
Polaris Cartagena - Azkar Lugo: 4-5