Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
VÁZQUEZ REXEITA UNHA MOCIÓN DO BNG PARA RETIRARLLE O RECOÑECEMENTO AO DICTADOR

Franco segue sendo "fillo predilectísmo" da Coruña grazas ao PSOE

"A historia é a que é, aí está; deixemos a historia, recuperemos a memoria e rindamos homenaxe a aqueles que foron perseguidos e marxinados". Con estas palabras, "que comparte todo o grupo municipal socialista", argumentou o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, o rexeitamento do PSOE a unha moción do BNG para retirar o recoñecemento de "fillo predilectísimo e adoptivo" da cidade ao xeneral Franco. O PP tamén votou en contra da moción nacionalista con argumentos semellantes: "o pasado, pasado está" e "hai que mirar ao futuro", segundo dixo o voceiro "popular" Fernando Rodríguez Corcoba. Henrique Tello, do BNG, retrucou que a iniciativa "non trata de borrar a historia, senón de borrar un recoñecemento social".

- 10:10 23/11/2004
Tags:

"Non vou a entrar niso, é o peor que pode haber", engadiu Vázquez despois de asegurar que os símbolos da dictadura que perviven na cidade non son símbolos franquistas, "senón históricos".

A corporación local da Coruña nomeou a Francisco Franco "fillo predilectísimo e adoptivo" da cidade o 10 de outubro de 1936, tres meses despois do golpe de estado contra o goberno da República.

Con este novo rexeitamento, o alcalde da Coruña ignora as recomendacións da dirección do PSOE a todos os seus cargos institucionais para que retiren os símbolos franquistas


0/5 (0 votos)