O director de cinema Manoel de Oliveira, de 96 anos, recolle esta noite no Teatro Principal de Compostela o premio Cineuropa 2004, en homenaxe a toda a súa carreira. O seu primeiro filme, Douro, Faina Fluvial, estreouse no Porto, a cidade onde naceu, en 1931. Desde aquela, Oliveira, que se define como un artesán, "porque é un xeito de traballar que non impide o pensamento", desenvolveu unha longa e prolífica producción que o chegou a situar como un dos mestres do cinema europeo. É posuidor de premios tan distinguidos como o León de Ouro do LXI Festival de Venecia ou a Palma de Ouro de Cannes en 2001. Nesta edición de Cineuropa serán proxectados cinco filmes de Oliveira, entre eles, Quinto Império, a súa última producción.