Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
AVANCE DA PROGRAMACIÓN

O filme gañador da Berlinale abre a 18 edición de Cineuropa

A décimo oitava edición do festival de cine CINEUROPA inaugurarase o vindeiro xoves día 4 de novembro coa estrea absoluta no estado español da película Head-on, gañador do Oso de Ouro na última Berlinale. O filme alemán Head-on, dirixido polo director turco-xermano Fatih Akin, é un drama que conta a historia de Sibel, unha moza alemana de 20 anos e de orixe turca, que para fuxir do seu estricto fogar musulman planea casar con Cahit, un turco de orixe xermana que ten corenta anos.

- 13:00 27/10/2004
Tags:

Esta película competirá, dentro da sección oficial, con outras quince longametraxes entre as que se atopan as últimas obras dos máis relevantes autores do cine europeo. Ken Loach, un clásico de Cineuropa, trae a súa última película Ae Fond Kiss. Outros directores que verán representados os seus traballos nesta edición son Theo Angelopoulos, con Trilogy: Eleni, Emir Kusturica con Life is a miracle, Lars Von Trier con The Five Obstructions, Stephen Frears con Dirty Pretty Things ou Michael Winterbottom por Nine Songs.

Cineuropa incluirá ademais a estrea da versión definitiva de "2046" que Wong-Kar-Wai presentou inacabada no último festival de Cannes. Incluirase dentro dunha ampla sección de films doutras cinematografías na que se presta especial atención ao novo cine latinoamericano todavía non estreado comercialmente.

Esta edición de Cineuropa dedicará unha completa sección ao cine documental de contenido social ou de recuperación da memoria histórica, con primicias como "In Viaggio con el Che", de Gianni Miná. Unha sección de cine fantástico inédito, que estreará o celebrado film "Dead End", de Jean Baptiste Andre, ou "One Missed Call", do rupturista director xaponés Takashi Miike, e perlas cinéfilas como o rescate da versión íntegra de "Ludwig", de Luchino Visconti ou de "Saló ou os 120 días de Sodoma", a obra "maldita" de Pier Paolo Pasolini que estivo longo tempo secuestrada da exhibición.

O Concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentará o próximo martes 2 de novembro, a programación completa do festival. Serán en total máis de sesenta películas, cun amplo prisma nas súas miradas sobre o mundo e os seus conflictos, as que pasarán polo Teatro Principal entre o 4 e o 30 de novembre. Nos próximos días tamén se fará público o nome da personalidade creativa do cine europeo que este ano será recoñecido co Premio Cineuropa 2004, nun acto que se celebrará no Teatro Principal o lunes 8 de noviembre.


0/5 (0 votos)