Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET

Javier García Tobío, director do CESGA, premio de honra de Eganet

O galardón de honra da segunda edición dos premios Eganet foi para Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga, polo seu papel como promotor das tecnoloxías da información e da comunicación en Galiza.A Universidade de Santiago recibiu o Premio Eganet na categoría de mellor presenza institucional en internet.

- 10:20 06/10/2004
Tags:

No acto de entrega de galardóns, que tivo lugar no marco de Galicia TIC, recibiron tamén premios as empresas Interacción á mellor produción multimedia, Galicia Naves ao mellor negocio online, Loroestudio á mellor iniciativa de novos emprendedores, Abertal Networks á mellor presenza en Internet . Os premios están convocados por Eganet, a asociación de empresas galegas dedicadas a internet.

No resto das categorías resultaron premiadas as empresas Visual Publinet na categoría de tecnoloxía accesíbel; Igalia (A Coruña) polo mellor uso de tecnoloxías de código aberto; Shilex Telecomunicaciones por mellor ampliación de mobilidade; Softnix (Oleiros) pola mellor solución on line e Galicia Banner por mellor acción de publicidade.


0/5 (0 votos)