Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIA INTERNACIONAL PARA A DESTRUCCIÓN DAS ARMAS

Unha morte por minuto e 8 millóns de armas convencionais máis cada ano

Medio millón de persoas morren cada ano en todo o mundo por disparos de armamento convencional, exportado nun 90% polos cinco líderes do consello de seguridade da ONU. Ao longo dos doce meses, un milleiro de empresas establecidas nun cento de países fabrican varias balas por cada home, muller e neno do planeta, para un total de máis de 16 mil millóns de municións anuais. O 60% dos 639 millóns de armas lixeiras existentes están nas mans de civís e a súa existencia non só promove a violencia, tamén destrúe o medio de vida de moita xente e impide que os países saian da pobreza: un tercio dos estados invisten máis en armas que en saúde. Intermón, Amnistía e Iansa manteñen campañas en denuncia da situación.

- 07:18 09/07/2004
Tags:


0/5 (0 votos)