Non puido ser. A cantante andorrana Marta Roure quedou fóra das 10 primeiras prazas da semifinal de Eurovisión, e non poderá competir por ser a mellor cantiga do continente. Era a primeira vez que Andorra, e con ela a lingua catalá, participaban en Eurovisión. Ata o de agora o galego nunca participou. Portugal tampouco se clasificou para a final. Máis información en anteriores novas de Vieiros.