Luar na Lubre iniciou en Compostela a xira na que presenta o seu último traballo discográfico, Hai un paraíso. Un disco que xorde da dor e da carraxe que desencadeou o Prestige hai ano e medio e que supón tamén un xeito de compromiso social, segundo recoñecen os seus propios integrantes. Os que acudan aos concertos poderán ver tamén o documental que Ignacio Villar realizou sobre o grupo, Un bosque de música, que xa se estreara no Lincoln Center de Nova Iorque o pasado 24 de marzo. Poden consultar aquí a axenda de concertos.