Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS PENINSULARES

O catalán entra na historia de Eurovisión

O novo sistema de competición eurovisivo, ampliado a 36 países e desenvolvido en dúas xornadas, vai permitir a participación de Andorra por primeira vez na súa historia. A representante andorrana Marta Roure cantará en Istambul en catalán, logo dun proceso de selección promocionado pola TV3, e 36 anos despois de que Serrat tentase cantar nese idioma o "La la la". O galego nunca foi interpretado no festival da canción.

- 07:48 12/05/2004
Tags:

Eurovisión estrea novo sistema de semifinal e final. Na final, os dez países mellor clasificados na edición anterior (Riga) e os catro que máis euros achegan: Francia, Alemaña, Reino Unido e España. Na semifinal, o resto: 22 países, dos que dez pasarán á final. Entre eles está Andorra, que participa por primeira vez levando o catalán a Eurovisión, e Portugal.

Marta Roure fai equilibrios diplomáticos: representa a Andorra, pero conta co apoio dos medios de comunicación cataláns. De feito TV3 organizou, canda a televisión andorrana, o proceso de selección da candidata, e que foi retransmitido polas dúas cadeas. Ademais, o sistema de televoto implica que os espectadores cataláns poderán votar por ela, aínda que non os andorranos. O voto por móbil estará aberto para os dous grupos de países, tanto para a semifinal como para a final.

Ademais, Marta Roure competirá en catalán con 'Jugarem a estimar-nos', e non en inglés, xusto cando o principal idioma do mundo domina nos repertorios de 27 dos 36 países participantes. Mesmo o país menos occidentalizado do continente, Albania, que tamén participa por primeira vez, cantará en inglés. Tamén se estrean Bielorrusia e Serbia e Montenegro. Sofia Vitória representará a Portugal e cantará en portugués: 'Foi magia'.


Ligazóns

0/5 (0 votos)