Trátase do segundo expediente sancionador que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións publica contra un concello que ofrecía servizos gratis de internet por medio de redes sen fíos. Daquela fora o concello granadino de Atarfe e desta tocoulle a Ponteareas, que dende hai máis dun ano ten en marcha un acceso á rede gratis por banda larga ás 24h. do día. Contámoslles no Canal Fwwwrando.