Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
VI Encontro-Degustación do Millo Corvo

A aldea de Meiro volve celebrar a festa do Millo Corvo

Un ano máis, e xa son seis, a Asociación Sociocultural, Deportiva e Xuvenil de Meiro culmina a súa actividade estrela, a recuperación do millo corvo, cun encontro etnográfico, gastronómico e cultural na aldea de Meiro, en Bueu.

- 16:50 24/03/2004
Tags:

As actividades arredor do millo corvo lévanse desenvolvendo durante todo o ano, coa colaboración dos escolares da comarca, para esta fin de semana adicárena a exaltación deste produto da terra.

Xa este venres 26, dende a noitiña e deica o abrente haberá muiñada no muíño da Presa, a que están convidados todos aqueles que queiran pasar un rato agradábel.

O programa de actividades do domingo 28 de marzo en Meiro comeza ás 12 do mediodía coa presentación dun novo número da revista A lingua do corvo. Ás 12.45 actuará o grupo Mardrago.

Durante o día, os asistentes poderán participar nos obradoiros de oficios artesanais de follaco e cestería, visitar o Muíño da Presa, onde se fai a muiñada do millo corvo, ou camiñar pola rota de sendeirismo que leva á fonte do Foxo e á Lagarteira. Ademais, na Casa da Aldea haberá unha exposición etnográfica e proxectaranse vídeos e diapositivas.

Ás cinco da tarde celebrarase a charla coloquio titulada “Muíños e o seu arredor” e ás 18 horas actuará o grupo folk de Redondela Os Carunchos.

Se sentes curiosidade por saber desta variedade de millo co gran negro, pica aquí


0/5 (0 votos)