Posesión ilegal de explosivos, roubo e vandalismo son as acusacións principais aos mozos que tres anos despois son xulgados polos sucesos acontecidos durante o cumio do G8 na cidade. A defensa, que enfronta peticións da acusación de ata 15 anos de cárcere nega os cargos e lembra os excesos policiais durante aqueles días, incluída a morte do mozo Carlo Giuliani por disparo dun policía.