Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de

Burla Negra denuncia o espolio do museo de Man

Burla Negra vén de alertar do espolio que está a sufrir o museo de Man en Camelle. "As súas esculturas e intervencións sobre pedra, madeira e óso están a desaparecer debido á afluencia desmesurada de persoas e á falta de control por parte das autoridades", asegura o colectivo. A Consellería de Cultura culpa do abandono ao Concello de Camariñas e este, ao Estado, titular do legado do artista alemán. Mentras, o museo mingua pedra a pedra.

- 15:57 16/02/2004
Tags:

Burla Negra denuncia os numerosos roubos que se están producindo no patrimonio do finado de Manfred e lembra que o conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, prometera destinar 300.000 euros ao mantemento das instalacións. Ademais, segundo o colectivo tampouco se está cumprindo unha das vontades do ermitán, que desexaba que as súas pezas conservaran o chapapote como memoria do desastre ecolóxico.

Desde a Consellería de Cultura afirman que están agardando o proxecto do concello de Camariñas para investir os cartos previstos e advirten que se a partida non se destina antes de que remate o ano, haberá que habilitar unha cantidade extraordinaria nos orzamentos do 2004 para facer fronte ao compromiso, segundo informa Europa Press.

Pola súa parte, a deputada autonómica e edil socialista en Camariñas, Marisol Soneira, indicou que a responsabilidade dos "actos vandálicos" non é do concello, senón "do Estado". Asegurou que lle enviaron un informe á Delegación do Goberno para que se transfira a propiedade de Man ao municipio camariñense pero aínda non recibiron contestación. "Mesturan este asunto co do Prestige e dan moitas voltas", sinalou.


5/5 (2 votos)