Documentos recentemente desclasificados polo Departamento de Estado en Washington implican directamente ó ex secretario de Estado Henry Kissinger na represión de disidentes en Arxentina e Chile nos anos setenta. O coñecemento que tiña un dos estadistas máis influentes na historia contemporánea da política exterior norteamericana sobre os crimes que se cometían no marco da chamada Operación Cóndor(mecanismo de coordenación utilizado polas dictaduras militares de Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai e Bolivia na represión e desaparición de disidentes) é tan notoria, que mesmo chegou a exclamar nunha conversación con César Guzzetti, chanceler do ex dictador arxentino Jorge Videla, que mentres máis rápido o fixeran. mellor. O artigo completo no canal Mundo.
.