O público de Cineuropa poderá mercar nesta edición as entradas por teléfono ou por internet. O prezo para ver unha película é de tres euros, e o bono de dez filmes, 20 . O festival de cinema comeza o 4 de novembro.
Os interesados en mercar entradas para Cineuropa poden facelo no Teatro Principal de Compostela, no teléfono 902 504 500 ou a través de
Servinova.
En canto ao programa, Cineuropa conta nesta edición con máis de 60 títulos. O programa aínda non está pechado, pero está confirmado que será a película 'Dogville', de Lars Von Trier, a encargada de inaugurar o 4 de novembro a sección oficial.