Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Oito detidos relacionados cos medios en eusquera

A Garda Civil detivo oito persoas en Euscadi nunha nova operación ordenada polo xuíz Baltasar Garzón contra os medios de comunicación en eusquera na busca dunha suposta “trama financeira” de ETA. Entre os detidos está Joan Mari Larrate, voceiro dos traballadores de Egunkaria e conselleiro delegado de Berria, Mikel Sorzabal, xerente de Zabaltzen, José Mari Sors, xerente da editorial e distrubuidora Euskal Kulturgintza e Mikel Agirrezabalaga. A Garda Civil rexistrou en Donosti a sede de Zabaltzen e efectuou varios rexistros no parque empresarial Martín Ugalde, de Andoain, onde están os locais do diario Egunkaria e de Berria, o xornal en eusquera que o sustituiu. Máis información no Diario Vasco, Gara e Berria.

- 09:56 16/10/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: