Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

FPG, AMI e Primeira Linha irán xuntos o 25

Por primeira vez en máis dunha década os distintos grupos independentistas celebrarán unidos o Día da Patria Galega. A Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), a Frente Popular Galega (FPG) e Primeira Linha - grupo escindido do Bloque - sinalaron nunha conferencia de prensa que coa manifestación que organizan de xeito conxunto para o 25 de xullo queren poñer fin "á errónea confrontación fraticida" que os separou no pasado.

- 16:39 20/07/1999
Tags:

O portavoz nacional de AMI, Miguel García, remarcou durante a conferencia que a esquerda independentista quere separarse claramente do BNG. "O Bloque está a aceptar o actual marco constitucional e xa non pode ser considerado nin nacionalista. Nós seguimos a rexeitar totalmente a Constitución e somos os únicos que agora mesmo defendemos o dereito de autodeterminación do pobo galego."

Miguel García reinvindicou tamén para Galicia un marco socialista e rexeitou a actual situación económica. Nun comunicado, as tres organizacións convocantes criticaron a campaña de privatizacións emprendida polo goberno, así como os avances cara unha Europa do capital.

Á manifestación do 25 de xullo asistirán coma convidados das organizacións convocantes diferentes movementos independentistas internacionais. Xa confirmaron a súa presencia nacionalistas bretóns, cataláns e vascos, e tamén unha representación da guerrilla colombiana.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: